Chega máis lonxe coa batería chea
Vas no asento do condutor, estás de sorte e todo vai rodado, pero comeza a esgotarse a batería. Recupera o ritmo cun xiro e un toque de pantalla! Con EasyPark atoparás facilmente estacións de carga próximas e poderás cargar o teu coche eléctrico mentres está aparcado. Seguirás de sorte!
Servizo dispoñible actualmente en Suecia, Noruega, Dinamarca, Finlandia e Eslovenia.
Enerxía eléctrica cun toque
Só necesitarás unha aplicación
Seguro que xa tes moreas de aplicacións, entón, para que descargar outra que fai o mesmo? Coa aplicación EasyPark, podes xestionar a carga do teu vehículo eléctrico, tanto se pagas por aparcar e cargar como se o fas só por cargar. Unha aplicación na que podes confiar para percorrer a cidade coa batería cargada.
Achégate á fonte
Atopar estacións de carga é moi sinxelo!
Lembras cando apenas había estacións de carga no teu concello? Era complicado. Agora hai máis cobertura, pero pode non ser doado atopar as estacións. A aplicación EasyPark axúdache a atopar as estacións de carga que tes preto. Só tes que buscar os enchufes verdes no mapa de EasyPark.
Sae coa batería cargada… cando menos a do teu vehículo
Atopa unha estación de carga
Igual que ocorre coas prazas para aparcar, verás as estacións no mapa da aplicación EasyPark.
Selecciona a toma
A aplicación indicarache qué enchufes están dispoñibles na estación de carga. Así poderás escoller o ideal para o teu vehículo.
Xira a roda e confirma para comezar
Fai xirar a roda para engadir tempo de carga, confirma para comezar e listo! É o mesmo proceso que cando aparcas con EasyPark!
Comeza xa!
Fai coma os millóns de condutores que xa aparcan e cargan os seus vehículos de forma máis sinxela.
Máis de 450 000 valoracións de 5 estrelas
Un 4,7 de puntuación media nas tendas de aplicacións
Un 88 % de satisfacción co servizo de atención ao cliente