Luces, cámara, aparcamento e acción!
Imaxina que é a semana anterior a Nadal e os centros comerciais están a rebentar de xente. Que necesidade tes de facer cola na caixa do aparcadoiro? E se o pagamento do aparcamento comezase de forma automática? Sería xenial, non si?
Entra, aparca e marcha
Entra
Aparca nese lugar perfecto do garaxe. Se activaches Automatic CameraPark, recibirás unha notificación cando comece o aparcamento.
Aproveita o día
Goza das túas compras, vai de recados ou fai esa presentación abraiante. Tes o aparcamento en boas mans.
Marcha
Volve ao teu vehículo y sae cando queiras. O aparcamento finalizará de forma automática en canto saias.
Actívase así
Consigue a aplicación
Descarga EasyPark e rexístrate. Tardarás uns segundos.
Vai ao menú da aplicación
Fai clic en «Camerapark», onde atoparás máis información.
Selecciona o vehículo
Selecciona os vehículos que desexes activar da lista de vehículos rexistrados. Listo! Xa podes empezar a aparcar sen problemas.
Como funciona realmente?
Descubre a tecnoloxía ANPR
Se cadra, pregúntaste como saben os aparcadoiros cando comezar a cobrar o aparcamento e cando deixar de facelo. Os aparcadoiros con recoñecemento automático de matrícula (ANPR, polas siglas en inglés) usan cámaras para rexistrar os vehículos nas entradas e envían un sinal ao noso sistema para que inicie ou remate a sesión de aparcamento. Isto, claro, só se tes activado este servizo.
Tes algunha outra pregunta? Consulta a nosa páxina de axuda.
Onde podo aparcar?
En aparcadoiros exteriores e interiores
Chega o máis preto posible. Aparca coa aplicación ou entra e marcha dos aparcadoiros con Automatic CameraPark
No aeroporto
Entra e sae voando do aparcadoiro cando teñas que viaxar. EasyPark está dispoñible en moitos dos principais aeroportos de Europa.